viernes, 14 de diciembre de 2007

Acción de solidaridad desde la CNT - Compostela


O 12 de Decembro a CNT de Compostela realizou duas concentracións frente establecementos da cadena Eroski en Santiago de Compostela. Ás 19’15 horas despregamos unha faixa frente ao establecemento da Rua República Arxentina e procedimos ao reparto de panfletos explicando as razóns do boicote que a CNT está a animar en solidariedade coa Sección Sindical da CNT en L’Hospitalet.

Porqué a CNT chama ao boicote, a que non compres en Eroski-Caprabo entre o 1 e o 15 Decembro?.

-Pois polo cumprimento da normativa sobre revención de riscos laborais na empresa Caprabo.

-Pola delimitación clara das primas de rendemento.

-Pola retribución dos 30 minutos de descanso de cada xornada laboral. Actualmente non se lles retribue e iso implica que cada xornada laboral se computa a 7’5 horas e, así, non chegan ao máximo de horas anuais que establece o convénio e, así, os traballadores e as traballadoras perden, segundo a quenda, entre 9 e 11 días de descanso ao ano.

- E tamén están a se mobilizar pola clarificación e promoción real entre as diversas categorias profesionais.

Tras repartir a propaganda marchamos cara o centro que Eroski inauguraba na Choupana. O Alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, tivo a mala sorte de topar-se con nós à porta do edifício e marchou bulindo cara o coche oficial.

Animamos a toda a CNT a que contribua na campaña contra Eroski-Caprabo en solidariedade coa nosa sección sindical de L’Hospitalet.